Libros > Literatura > Un home estraño
Portada de Un Home Estraño

Un Home Estraño

Autor:Tizón Barral, Antonio;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788491213369
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece Un Home Estraño en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 12 de Abril del 2018. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 208 páginas , unas dimensiones de 22x15 cm (1).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Un Home Estraño

O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade.
Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, “Un home estraño” é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade.
“Un home estraño” é a segunda entrega da serie, iniciada por “A antesala luminosa” e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro & #8722;aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formato de novela curta & #8722;, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.
0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso