Libros > Ciencias Humanas > Historia > ROSENDO SALVADO E O MUNDO ABORIXE DE AUSTRALIA
Portada de Rosendo Salvado e o Mundo Aborixe de Australia

Rosendo Salvado e o Mundo Aborixe de Australia

Autor:VARIOS;
Categoría:Historia
ISBN: 9788492923649
Consello da Cultura Galega nos ofrece Rosendo Salvado e o Mundo Aborixe de Australia en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de 00 del 2015. Amplia tus conocimientos con este libro de ciencias humanas, perfectamente adaptado para todos los lectores por su cuidado contenido. Este libro cuenta con un total de 281 páginas , unas dimensiones de 24x17 cm (1).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Rosendo Salvado e o Mundo Aborixe de Australia

A conmemoración do douscentos aniversario do nacemento de Rosendo Salvado (Tui, 1 de marzo de 1814) constitúe unha inmellorable ocasión para profundar nun aspecto clave da súa vida e obra; de feito, a cerna de toda a súa extraordinaria andaina: o seu pensamento e práctica indixenistas. Foi o seu un compromiso co mundo aborixe que desbotaba radicalmente a brutal perspectiva etnocéntrica e racista habitual na época do Imperio británico; a saber: aquela que consideraba os indíxenas miserentos corpos «sen alma», refugallos dunha «raza destinada a extinguirse» e, mesmo, seres da caste «dos orangutáns». O fincapé feito na súa extraordinaria dimensión misioneira ou a desnortada atención á súa lendaria importación do eucalipto a Galicia agacharon a cerna mesma do seu proxecto vital, os seus ímprobos esforzos a prol da autonomía persoal e política dos aborixes australianos como seres humanos dotados de dereitos individuais e colectivos e, xa que logo, de futuro cívico. Labor que desenvolveu en todo momento en aberta belixerancia contra discursos e prácticas establecidos tanto da man do protestantismo como do catolicismo da época, discorrendo ben lonxe dos modos dos evanxelistas do Imperio.0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso