Portada de Matemola 5

Matemola 5

Autores:Escudero Anglés Neus; Genover Huguet Roser;
Categoría:Libros de texto Educación Infantil
ISBN: 9788440312501
Everest Galicia nos ofrece Matemola 5 en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 25 de Mayo del 2013. Prepárate para tu futuro con este libro de texo perfectamente adaptado para tu aprendizaje por su cuidado temario. Este libro cuenta con un total de 40 páginas .
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Matemola 5

Este é o quinto caderno dos seis que forman a colección "Matemola", dirixida aos alumnos de Educación Infantil; o seu obxectivo é establecer unha base sólida para o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático.
Seguimos estruturando o pensamento matemático de maneira gradual e sistemática. Ampliamos a serie numérica cos números 7 e 8, propoñendo actividades que axudan á construción da noción de "cantidade". Así, o alumnado seguirá desenvolvendo as habilidades para contar, enfrontarase a situacións que impliquen o uso de cuantificadores, coñecerá ordinais novos (1º. 2º, 3º)...
Ademais, continuamos a traballar a suma e, aínda que seguimos mantendo a estrutura descritiva, neste caderno iniciamos a sistematización desta operación aritmética.
Preséntanse novas propiedades dos obxectos (tonalidades das cores) e séguense a realizar clasificacións e seriacións, a partir de dous ou tres atributos nas actividades de Lóxica. Así mesmo, danse a coñecer novas formas xeométricas planas: o rombo e o óvalo.
Introdúcense as nocións de lateralidade, "dereita-esquerda", ademais de repasar outros conceptos espaciais, co obxectivo de que o alumnado vaia incorporando estas nocións ao seu esquema mental.
Neste caderno faise unha primeira aproximación ao uso das medidas de lonxitude naturais (dedos, palmo), realizando medicións de maneira vivencial que logo se rexistran na ficha. Deste xeito, preparamos o alumnado para chegar á noción de "unidade de medida".
0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso