Libros > Literatura > Manuel Lueiro Rey (1916-1990): a liberdade ferida
Portada de Manuel Lueiro Rey (1916-1990): a Liberdade Ferida

Manuel Lueiro Rey (1916-1990): a Liberdade Ferida

Autores:Nicolás Rodríguez, Ramón;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788499145068
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece Manuel Lueiro Rey (1916-1990): a Liberdade Ferida en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 10 de Junio del 2013. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 224 páginas , unas dimensiones de 24x17 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Manuel Lueiro Rey (1916-1990): a Liberdade Ferida

A dimensión humana e mais o legado literario de Manuel Lueiro Rey (1916-1990) son, realmente, os que constrúen e dotan de sentido cabal este volume. A través daquelas persoas que o trataron en vida, daqueles estudosos da súa produción humanística ou, simplemente, de quen aínda se sente preto del, Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida pretende actualizar e pór ao día, tanto para as xeracións máis novas coma para os seus coetáneos aínda felizmente entre nós, a traxectoria biográfica do autor de Fornelos de Montes que escolleu Pontevedra para traballar e O Grove para vivir, sen esquecer o pouso humano que deixou en tantas persoas, o seu pensamento político e, xaora, a súa extensa, e aínda hoxe pouco divulgada, produción prosística, poética ou ensaística.
Para esta abordaxe, o libro convocou persoas de diversas xeracións e sensibilidades distintas que participaron nel con entusiasmo, sempre converxendo no respecto e admiración que a figura, a obra ou o legado de Lueiro suscitou neles. Velaquí, en suma, unha homenaxe literaria, dalgún xeito tamén cívica, ao autor d’O sol na crista do galo, de quen se rescatan, asemade, textos literarios inéditos ou escasamente coñecidos da súa autoría, alén dun abondoso corpus fotográfico e documental nunca antes publicado.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso