Libros > Ciencias Humanas > Pedagogía > Varios > Da segregación á inclusión educativa
Portada de Da Segregación á Inclusión Educativa

Da Segregación á Inclusión Educativa

Autor:Teresa Núñez Mayán;
Categoría:Varios
ISBN: 9788484871392
Edicións Laiovento nos ofrece Da Segregación á Inclusión Educativa en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 08 de Enero del 2008. Amplia tus conocimientos con este libro de ciencias humanas, perfectamente adaptado para todos los lectores por su cuidado contenido. Este libro cuenta con un total de 272 páginas , unas dimensiones de 21x14 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Da Segregación á Inclusión Educativa

Neste libro, preténdese analizar o impacto real que supuxo a política de integrción educativa para os profesionais, para as institucións educativas e para aqueles alumnos e aquelas alumnas a que ía destinada. Para logralo, contrástanse as propostas teóricas coa súa posta en práctica nos centros.

Preténdese analizar se os cambios producidos foron superficiais ou de profundidade, reais ou aparentes, excesivos ou insuficientes e, desde esta análise, apuntar perspectivas de acción que permitan avanzar nunha mellor atención educativa á diversidade no futuro.

O tempo transcorrido desde o inicio do Proxecto Experimental é suficiente para que a integración como tal deixara de ser hoxe definida como unha utopía. O contraste das ideas coa súa concreción práctica adoita producir ese efecto. Mais a utopía e necesaria como motor dos cambios educativos. Por iso, a procura de superación das limitacións, tanto teóricas como prácticas da perspectiva integradora, derivou nunha nova utopía que denominamos inclusión educativa. Para que esta utopía traspase os foros universitarios e os discursos teóricos, para que se arraigue na práctica educativa, é preciso coñecer a que distancia nos achamos dela. Analizar en que lugar se sitúa a nosa realidade educativa, en relación coa integración e coa inclusión, é indispensábel para poder acurtar o camiño entre ambas as dúas. Co propósito de colaborar nese coñecemento nace este libro.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso