Libros > Literatura > Crónica Córnica
Portada de Crónica Córnica

Crónica Córnica

Autor:Calvo del Olmo, Francisco Javier;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788491211174
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece Crónica Córnica en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 06 de Octubre del 2016. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 280 páginas , unas dimensiones de 22x15 cm (1).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Crónica Córnica

Inexplicabelmente o condado de Cornualle, na illa de Gran Bretaña, esperta unha fría mañá de xoves ou de venres falando unha lingua extinta: o córnico. A partir dese feito, desenvólvese unha trama atractiva, escrita cun estilo poderoso, que supón unha profunda reflexión sobre a identidade e a represión lingüística, ambientada na Gran Bretaña de hoxe.
Crónica Córnica é unha novela que sorprende, escrita por unha persoa que non é galega e destila amor polas palabras e as linguas en cada páxina, abordando un tema tan crucial como escasamente tratado na literatura. A novela, de tintura saramaguiana, técese a través dun personaxe colectivo que se encarna en secretarias, profesoras, alcaldes, mariñeiros, carteiras, pallasos, libreiros e xardineiras: toda unha composición polifónica que adopta as formas do relatorio e da crónica onde, por veces, é máis importante o non dito, o diálogo imaxinario, do que a voz directamente expresada.
Unha novela contemporánea, que pode ser lida en moitas claves, que pivota sobre a tríade lingua, identidade e sociedade, e foi enunciada non desde o discurso científico, senón desde a fabulación murmurada de boca a orella. Un intenso e metafórico berro literario a favor das linguas e contra a marxinación e as desigualdades económicas, culturais e sociais entre colectivos e pobos.
0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso