Libros > Literatura > Pensa nao
Portada de Pensa Nao

Pensa Nao

Autor:
Categoría:Literatura
ISBN: 9788483024676
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece Pensa Nao en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Junio del 2000. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 192 páginas , unas dimensiones de 22x15 cm (1ª ed., 2ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Pensa Nao

En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sernanselle, aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa. Pensa nao é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico de beleza que acabou por ser esmagado co alzamento fascista. Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo inusitadamente épico, Pensa nao é a metáfora dunha Galicia aberta e en marcha, que onte e hoxe se adapta e resiste na dura travesía en procura da súa supervivencia cultural e política. Para Marianela Álvarez Carregal, membro do xurado de lectores que outorgou o Premio Xerais, “Pensa nao resulta ser unha das obras máis atraíntes publicada no noso idioma nos últimos tempos porque presenta tamén un gran acerto na utilización do dialecto da zona, nas formas verbais e outras características fonéticas que dan vida, cor e verosimilitude á obra. Pero, por riba de todas estas virtudes, o grande valor da obra é presentarnos unha Galicia rural incardinada na modernidade, no progreso; así, vemos unha comunidade rural interesada na racionalización do campo e na súa industrialización, da man dos seus elementos máis progresistas (comunistas, anarquistas, republicáns), pero tamén de elementos ...0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso