Libros > Literatura > Oralmente pola boca
Portada de Oralmente Pola Boca

Oralmente Pola Boca

Autor:Cid Cabido, Xosé;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788483021583
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece Oralmente Pola Boca en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Octubre del 1997. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 136 páginas , unas dimensiones de 21x13 cm (1ª ed.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Otros clientes que compraron Oralmente pola boca también compraron:

Argumento de Oralmente Pola Boca

Constituíndo un perfecto elo coa súa obra anterior, este libro de relatos gusta de afondar, se cabe con máis atención, nas ambigüidades, nos dobres sentidos, na percepción do real tamizada ás veces por un fino veo que difumina esa realidade ata chegar a nos preguntar onde está o límite, onde a fronteira. Mais sobre todo, prefigura moi conscientemente un lector ao que se lle esixe unha participación activa, un labor de (re-) construcción, de (re- )interpretación daquilo que se relata dirixido a cubrir lagoas, indeterminacións, baleiros..., feíto, ao noso xuízo, que coloca a Cid nese grupo de autores preocupados non só polo contar áxil, rápido e ben, senón por un contar que obriga a pensar e reflexionar, un valor engadido aínda pouco común. Así pois, desde esa sorte de manifesto evidencialista que prologa o volume baixo o título de "Extenuación" ata o "Agardando a Monroi", singular exercicio de imaxinación paratextual, dispóñense un total de oito relatos que se articulan conxugando con acerto e alternativamente a primeira e terceira persoa e que constrúen atmosferas que pouco a pouco camiñan cara ao máis escuro ou o inesperado. Aí agroman personaxes dominados polas dúbidas e as veleidades do azar, pola paixón, a incerteza, a violencia, a morte e o absurdo. Un volume, en fin, que testemuña a liña progresiva e de autoesixencia adoptada polo autor. Literatura de e para adultos, desacougada, e desacougante, diante da que ninguén ha quedar indiferente. Literatura, evidentemente.0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso