Libros > Literatura > Naufraxios no mar de Vigo
Portada de Naufraxios no Mar de Vigo

Naufraxios no Mar de Vigo

Autor:Díaz Guerrero, Francisco;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788497820196
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece Naufraxios no Mar de Vigo en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Julio del 2003. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 216 páginas , unas dimensiones de 22x15 cm (2ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Naufraxios no Mar de Vigo

No século XX o mar de Vigo viu perecer a centos de persoas en máis de seiscentos accidentes marítimos rexistrados tanto na ría de Vigo como nas súas inmediacións. Embarcacións militares como a canoneira Condor; vapores como Berlín; trasantlánticos como o Veronese, o Siboney, ou o Hammonia; lanchas de pasaxe como a Monchiña; petroleiros como o Polycommander, iates como o Thalassa; traiñeiras como a Josefa e pesqueiros como o Cuatro Hermanos, o Nueva República, o Tito, o Ave del mar, o Marbel atoparon nas augas viguesas o punto final das súas singraduras, deixando en terra unha estela de dó e morte. Cabo do Mar, os Farallóns, Punta Borneira, as Cíes e mesmo a enseada de San Simón souberon de varadas, afundimentos, abordaxes, incendios e vías de auga que encheron os xornais da época de arrepiantes narracións, de heroicos rescates e de inconsolables desgracias familiares. Francisco Díaz Guerrero reconstrúe a negra crónica dos naufraxios do mar de Vigo e avivece na nosa memoria a lembranza dos seus tráxicos protagonistas. Tratando sempre de non furgar no drama e de fuxir da recreación morbosa, non resulta estraño asistir a citas cando menos curiosas como a que se relata no naufraxio do pesqueiro de Bouzas Montenegro núm. 3 ou o rescate dos touros sementais, xuvencas e ovellas do trasatlántico inglés Higland Pride, naufragado preto de Baiona. Finalmente, e debido á ampla repercusión social que tivo na súa época, o libro recolle o curioso naufraxio do globo aerostático belga Prince ...0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso