Libros > Ciencias Humanas > Historia > Medo político e control social na retagarda franquista
Portada de Medo Político e Control Social Na Retagarda Franquista

Medo Político e Control Social Na Retagarda Franquista

Autor:Martínez Pereda, Lucio;
Categoría:Historia
ISBN: 9788499148083
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece Medo Político e Control Social Na Retagarda Franquista en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 13 de Febrero del 2015. Amplia tus conocimientos con este libro de ciencias humanas, perfectamente adaptado para todos los lectores por su cuidado contenido. Este libro cuenta con un total de 496 páginas , unas dimensiones de 15x22 cm .
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Otros clientes que compraron Medo político e control social na retagarda franquista también compraron:

Argumento de Medo Político e Control Social Na Retagarda Franquista

Encuadernación: Rústica con solapas
Colección: Edición literaria. Crónica. Memoria

Medo político e control social na retagarda franquista excede as formulacións cuantificadoras habituais nos traballos de investigación e proxecta o fenómeno da represión franquista fóra do seu ámbito estrito para achegarse á sociedade que o padeceu. Manexando un conxunto documental heteroxéneo –sentenzas e expedientes xudiciais, informes de servizos de investigación, expedientes de depuración, peticións de clemencia, cartas de delación.–, a información recollida por Lucio Martínez Pereda nesta obra vai máis aló dos cárceres, dos paseos nocturnos e dos pelotóns de fusilamento para estudar os aparellos represaliadores –comisións de depuración e de incautación de bens, tribunais de responsabilidades políticas e de represión da masonería– que a modo de tea de araña integraron un amplo repertorio de castigos: desde o cárcere e o desterro ata a perda das propiedades, negocios e traballos.
Este proceso represivo, non interrompido ao final da guerra e continuado nun sistema composto de distintas formas de persecución complementarias entre si, provocou que o medo e a vontade de sobrevivir se convertesen nunha forma de xerar pasividade que permeabilizou socialmente a violencia política entre amplas capas da sociedade galega. O medo político e os mecanismos de control social inherentes ao seu funcionamento derivaron nun importante axente psicolóxico de acción social e alongaron temporalmente os seus efectos ata ben entrada a década de 1950.
0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso