Libros > MANUEL-ANTONIO. DE CATRO A CATRO (Ebook)
Portada de Manuel-antonio. de Catro a Catro (ebook)

Manuel-antonio. de Catro a Catro (ebook)

Autor:Manuel Castelao Mejuto;
Categoría:
ISBN: EB9788484874133
Laiovento nos ofrece Manuel-antonio. de Catro a Catro (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 20 de Julio del 2018.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Manuel-antonio. de Catro a Catro (ebook)

A fascinación desatada pola figura de Manoel Antonio converteuno en autor moito máis admirado do que lido. Non sorprende: cos textos de vangarda, as características da súa linguaxe fan necesario un traballo de explicación e análise para o lector poder realizar con eles un triplo proceso: ler, sentir e pensar. Non outra cousa significa a lectura, cabalmente entendida. A orixinalidade deste volume consiste en facer accesíbel, intelixíbel e apaixonante un texto que arrastra unha infeliz reputación de difícil, até tornar evidente por que De catro a catro constitúe unha das obras maiores da vangarda peninsular no S. XX. A tal fin, son percorridos os dezanove poemas do libro e esa obstinada circunnavegación é complementada con achegas de carácter máis ensaístico para arredondar a interpretación e permitir un xogo de ida e volta entre a análise dos textos e a reflexión sobre o literario galego, o lugar nel de Manoel Antonio, ou a sutil forma en que vampiriza a estética das vangardas históricas. Por tanto, este libro querería ser útil para os amantes da literatura, os profesionais do ensino, os investigadores e, en xeral, todos os que queiran viaxar até o ámago da experiencia literaria en que o rianxeiro esgotou a súa vida para nos deixar un legado de inconmensurábel abertura.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso