Libros > Literatura > Biografías > Laxeiro por si mesmo
Portada de Laxeiro por si Mesmo

Laxeiro por si Mesmo

Autor:Reigosa, Carlos G.;
Categoría:Biografías
ISBN: 9788497829403
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece Laxeiro por si Mesmo en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Noviembre del 2008. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 144 páginas , unas dimensiones de 24x17 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Laxeiro por si Mesmo

Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o “eu” primixenio. Laxeiro nas súas propias palabras, sen intermediarios nin intérpretes, nunha conversa con Carlos G. Reigosa sobre o divino e o humano, e tamén sobre a pintura, o seu desafío radical. Laxeiro por si mesmo, nu diante do espello, espontáneo e vital, sen disfraces... Iso contén este libro. Ben seguro, cando Laxeiro ollou por primeira vez o Pórtico da Gloria, a súa alma e a do Mestre Mateo xuntáronse nalgún recuncho do Marquesado da Romea e comezaron o seu parrafeo creativo, frutífero e se cadra interminable. Naceu así o pintor máis intuitivo, enérxico, axitador, libre e rebuldeiro da xeración de Os Renovadores da Vangarda Histórica galega. Rebelde contra as tradicións localistas, Laxeiro converteuse no rexo forxador dunha estética granítica, sempre fiel ás raíces, pero tamén en profundo diálogo coas vangardas pictóricas internacionais. Deste xeito puido ser –e foino– un proteico revitalizador dos mitos galegos (na liña de Valle-Inclán e de Cunqueiro), cunha expresión artística enxebre e universal á vez.Pintor de vigorosa ollada atlántica,, nunca deixou de buscar dentro del a autenticidade que distingue ós grandes creadores. Por iso, como ben escribiu X. Antón Castro, Laxeiro é “un dos pintores máis significativos e innovadores da España dos últimos setenta anos”. Algo que ninguén discute no centenario do seu nacemento. Laxeiro por si mesmo, inclúe a conversa que aínda permanecía inédita realizada por Carlos ...0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso