Libros > Literatura > KALEVALA
Portada de Kalevala

Kalevala

Autores:
Categoría:Literatura
ISBN: 9788492866977
Rinoceronte Editora nos ofrece Kalevala en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 30 de Enero del 2018. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 430 páginas , unas dimensiones de 22x15 cm (1).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Kalevala

Kalevala é a “epopea nacional finlandesa” compilada por Elias Lönnrot, marcada coma un fito da literatura finesa e  un dos grandes traballos en verso da literatura universal. A primeira edición do Kalevala publicouse en 1835, tras viaxar o seu compilador por todo o país recollendo pezas folclóricas finesas entre 1828 e 1834. Cando se publicou esta obra, Finlandia era un  ducado autónomo, pero ata 1809 fora parte do Reino Sueco. Deste xeito, o Kalevala converteuse nun símbolo da cultura, lingua e do pasado de Finlandia e contribuíu a construír a identidade do país.

Tras a primeira edición do Kalevala, Lönnrot recolleu máis de 130 000 versos de poesía e a partir da edición anterior incorporou estes versos e publicou un Novo Kalevala, con data de 1849, que é a obra que os finlandeses len na escola e a base para a maioría das 60 traducións existentes desta obra.

A lenda, o mito e a evocación poética enlázanse perfectamente no Kalevala, erixindo un mundo habitado por heroes de carne e óso, que oscilan entre o humano, o divino e o esperpéntico. Por iso os actos dos personaxes do Kalevalaestán ateigados de extravagancias e deslices humanos.

En Finlandia, mesmo existe un Día Kalevala, que se celebra o 28 de febreiro, dende 1865, na Universidade de Helsinki, e dende 1978 recoñécese como un festivo nacional, para render tributo a esta obra cume da mitoloxía e do folclore do país.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso