Libros > Libros de texto > Libros de texto Bachillerato > Historia de España 2 Bachillerato
Portada de Historia de España 2 Bachillerato

Historia de España 2 Bachillerato

Autores:Alfeirán Rodríguez, José; Brea Pedreira, Ana;
Categoría:Libros de texto Bachillerato
ISBN: 9788499952000
Baía Edicións A Coruña. S.L. nos ofrece Historia de España 2 Bachillerato en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 10 de Junio del 2016. Prepárate para tu futuro con este libro de texo perfectamente adaptado para tu aprendizaje por su cuidado temario. Este libro cuenta con un total de 456 páginas , unas dimensiones de 27x20 cm (1).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Historia de España 2 Bachillerato

Tendo en conta o obxectivo básico, os autores defenden un modelo explicativo do cambio histórico de carácter global e dialéctico, baseado na distinción de diferentes sistemas configurados por uns trazos sociais, políticos e económicos, culturais e ideolóxicos específicos, que se desenvolven nun período de tempo determinado pero que, pola súa propia evolución e pola actuación dos individuos e grupos sociais que o compoñen, cambia, tras un proceso máis ou menos longo de crise, cara a outro novo e claramente diferenciado do anterior.

Seguindo estes criterios, os autores presentan unha distribución dos contidos históricos en catro grandes bloques temáticos divididos, á súa vez, en unidades temáticas: As raíces históricas, o Antigo Réxime, o Réxime liberal e República, ditadura e democracia. En canto ao tratamento dos contidos, combínase a análise temática e sectorial coa cronolóxica; así mesmo, a explicación conceptual, a reconstrución das ideas político-ideolóxicas que moven a sociedade e a explicitación dos grandes trazos característicos precede, normalmente, á narración dos feitos. Cómpre advertir que os contidos de carácter cultural e artístico que se abordan neste manual trabállanse con menor profundidad que os estritamente históricos, que figuran no extenso currículo desta materia. Trátase dun criterio adoptado fundamentalmente proque o tempo imprescindible para podelos tratar con maior detemento faría imposible abordalos no tempo asignado nun curso académico.

Como estratexia de ensinanza-aprendizaxe, os autores defenden un modelo integrador onde se combina a aprendizaxe por recepción e por descubrimento. Así, a presentación dos contidos conxuga a información explícita para comprender os fenómenos históricos coa reconstrución e verificación de parte da información por parte do alumnado mediante a lectura e comentario de numerosos documentos históricos que aparecen integrados no texto.1

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso