Libros > Literatura > Infantil y Juvenil > Como en Alxeria
Portada de Como en Alxeria

Como en Alxeria

Autor:Xosé Ramón Pena Sánchez;
Categoría:Infantil y Juvenil
ISBN: 9788499144351
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece Como en Alxeria en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 21 de Septiembre del 2012. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 232 páginas , unas dimensiones de 22x15 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Otros clientes que compraron Como en Alxeria también compraron:

Argumento de Como en Alxeria

A comezos da década dos 60 do século XX –unha década realmente « prodixiosa» na perspectiva de determinados analistas e, desde logo, de moitos daqueles que a protagonizaron– o mundo enteiro vive momentos de axitación e incertidume. O 1 de xaneiro de 1959 as tropas de Fidel Castro entraran na Habana e Santiago de Cuba. Dous anos máis tarde, en abril de 1961 –e contando co patrocinio da CIA– ten lugar o desembarco en Bahía de Cochinos, que rematará, porén, co triunfo das forzas revolucionarias fieis a Castro. Asemade, noutra parte do planeta, en Alxeria, vívense os tempos da rebelión contra o poder colonial francés, que conducirán á independencia do país en xullo de 1962. Cuba e Alxeria, pois; Fidel Castro, Ben Bella. nomes que están nas mentes, nas conversas, no horizonte diario duns mozos que, entre Madrid e Galicia, soñan con ser quen de sacudir o xugo da ditadura franquista e conquistar, entón, a liberdade para o seu pobo. Mais esa actitude rebelde de esixir un xesto, unha acción «romántica» que dea cumprida noticia da protesta– é cuestionada por outros sectores da resistencia moi condicionados aínda polo trauma da Guerra Civil e mais as persecucións da inmediata posguerra. Xosé Ánxel Viana vén ser un deses mozos que se debaten entre a fidelidade ao proxecto dos maiores e mais o afán por conformar unha alternativa propia e radical –«como en Alxeria?», velaí a pregunta que os obsesiona arreo–. No medio e medio da incerteza, Viana e mais os seus compañeiros reciben a inagardada visita de Paloma, unha resplandecente actriz mexicana que, de súpeto, remove conciencias e vidas. Amor, paixón humana e política inician, xa que logo, unha carreira cada vez máis acelerada na cal as esperanzas, as desputas e traizóns, o medo e a ousadía aparecen entrelazados nun episodio singular e descoñecido que se puido constituír na «outra» crónica da historia de Galicia e do galeguismo.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso