Libros > Literatura > Aníbal e a Pintora
Portada de Aníbal e a Pintora

Aníbal e a Pintora

Autor:Paz, Xabier;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788491211372
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece Aníbal e a Pintora en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 19 de Enero del 2017. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 376 páginas , unas dimensiones de 15x22 cm (1ª ed.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Aníbal e a Pintora

Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida da pintora Artemisia Gentileschi, artista descuberta a partir dun lenzo atopado en Internet. Un mangado de libros e medio cento de ruíns reproducións de cadros serán os materiais para fundar unha estraña relación que rematará por mirrar o esforzado amador. Un amigo seu recollerá os escritos deixados por Aníbal e tentará elucidar esa relación internándose, tamén el, no impensable sorbedoiro dunha paixón quimérica. Nos papeis de Aníbal, recreados polo seu amigo, un rodopío de personaxes famosos, papas e artistas enchen as páxinas do gran fresco barroco onde se entretecen as artes coas paixóns humanas no epicentro da gran cultura europea do século XVII. Nesa altura, Roma transfórmase en capital do mundo e taller da Cristiandade, ensaiando un nacente dramatismo para alicerzar a punxente piedade da Contrarreforma xesuítica. Triunfan pintores como o Caravaggio e escultores como Bernini, que fascinan a curia. Nese colosal obradoiro nace, e aprende a pintar co seu pai, Artemisia a moza chamada a ser a gran pintora do seu tempo. Orfa de nai aos doce anos, será violada e sufrirá un dilatado e infamante proceso público. Estas esgazaduras cicelarán un temperamento de rara afouteza. A ardencia e a coraxe guiarán a súa vida de artista e muller libre.0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso